A partir das botellas das emocións que creamos con Olalla fixemos na aula a nosa propia botella da calma, non sen antes probar experimentar, crear a da valentía, a do aburrimento, a do amor,...mesturando, mesturando, e pensando, pensando...ata a negra do medo fomos capaces de facer.
E para conseguir a calma...auga, colorante e ...amor, calma, valentía, alegría en pequenas doses de purpurina e...moita moita enerxía.
As botellas servirannos neses momentos en que estamos más inquedos, nerviosos, que non sabemos se rir ou chorar... Se collemos unha lanterna e iluminamos a nosa botella ou simplemente lle damos voltas para ver a viaxe que fai a purpurina.... axudaranos a centrar esa emoción e a deixar saír e fluir outras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!