Vaimos por partes. Aquí tendes aos "cumpleañeiros" minutos antes de que as familias entraran a falarnos de Klimt. Vénse maiores, verdade???? Parabéns!!!!
Nesta ocasión as familias viñeron cunha proposta moi orixinal e valente: pintar con témperas e pincel e por grupos o cadro "El árbol de la vida". Por iso veredes o noso corredor decorado con cadros con árbores grandes, pequenas, voadoras, envolventes ...
Despois de tanta festa e tanta parranda, a profe trouxo un cadro de Klimbt para que entre tod@s conseguísemos interpretalo: El beso.
Os nen@s consideraron que este cadro estaba na orientación incorrecta e que ambas personas estaban acostadas na herba e na terra. Sen dúbida abrazábanse porque "siempre duermen así". O home dáballe un bico á muller na cabeza mentres ela estaba durmida "porque tiene los ojos cerrados". Ademais estaban envoltos nunha manta e levaban un pixama de formas.
Para axudarnos a representar esta situación, Mar trouxonos un anaco de raso no que os nenos decidiron poñer formas para que se parecese á do cadro. Coa manta decorada tentaban reproducir a situación elexindo a un compañeiro e tendo en conta a posición das mans, das cabezas, dos ollos, a manta,... e así de ben o fixeron:
Agora a "manta" colga do percheiro da nosa clase transformada na capa de dar abrazos viaxeiros
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!