Gracias ó Concello de Oleiros, este ano os nen@s de 4 anos puidemos coñecer un pouquiño mellor a Lagoa de Mera.
O venres 7 tocoulle o turno ao grupo de 4 anos A e o luns 10 a 4 anos B
A primeira hora apareceron en clase Héctor e Nati, que xa comezaron a contarnos as cousiñas que íamos ver na Lagoa.
Despóis montamos no bus e moi ben protexidos cos cinturóns de seguridade partimos ata Mera.
O chegar fixemos un xogo para facer parellas de diferentes animaliños. Despóis na praia tivemos que buscalos e algúns apareceron enseguida, coma os mexillóns. Había moitísimos polas paredes de rocha. Alí tamén aproveitamos para escribir e debuxar na area e comprobamos como as persoas a ensuciamos cando botamos o lixo no váter ou na praia mesmo, como os bastonciños dos oídos, os plásticos, as cordas,... E convertémonos en coida-praias e coida-animais recollendo ese lixo que metimos nunha bolsiña para tirar nunha papeleira.
Fixemos un descansiño para merendar e xogar no parque e non pensedes que olvidamos os bos hábitos: alí tamén separamos o orgánico do inorgánico. Logo marchamos xa a lagoa, e ó chegar atopamos a Leda, unha ornitóloga que contounos moitísimas cousas das aves que por alí podíamos ver.
E unha das actividades que máis nos gustou foi poder ver máis cerquiña a Garza Real gracias ó telescopio que traían Héctor e Nati.
Os excursionistas do venres non tiveron moita sorte co tempo e tiveron que saír correndo de Mera porque comezou a chover, así que marcharon para clase a facer uns estupendos debuxos que levaron os monitores.
MOITAS GRAZAS NATY E HÉCTOR por levarnos a un sitio tan chulo. Moitos dixemos que lles pediremos ós papis que nos leven outra vez. Aquí vos deixamos algúns debuxos co que máis nos gustou da excursión.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!