martes, 25 de xuño de 2013

Fin de curso

Aínda que xa estamos de vacacións, estou segura de que vos encantaría ver como levamos o fin de curso. Nos últimos días deunos tempo a soltar as nosas mascotas, os caracois, regalarlle á mamá de Lola e á súa familia dous cadros inspirados en Besos de A. Wharhol ( e así agradecerlle o vinilo de caracol que engalana a entrada da nosa aula e os cinco disfraces que doaron para xogar no recuncho da casiña) e a participar no día de xogos e maquillaxe que realizamos o xoves.


SOLTAMOS_CARACOIS - diapositivas


XOGOS_FIN_CURSO - diapositivas

Na próxima entrada colgarei a foto final de grupo que sacamos xusto antes de sair pola porta e despedirnos ata setembro (todas estas imaxes entregarévolas cun cd final o curso que vén)

E para rematar coa de hoxe: Mil grazas a Xusto (o orientador), á profe Belén e á profe Iria por axudar ao equipo de Ed. Infantil a celebrar este fin de curso tan económico e divertido!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...