O mércores os nen@s de 6º de Ed. Primaria convidáronnos a toda a Ed. Infantil e a 1º de Ed. Primaria a unha sesión de xogos no pavillón onde xogamos á ra, tiramos da corda, metémonos nos aros e participamos nunha carreira de sacos. Saimos do pavillón todos fachendosos cun fantástico diploma por ser uns excelentes deportistas, por esforzarnos nos xogos, por cooperar para conseguir un obxectivo común... .
Dende aquí queremos AGRADECER DE CORAZÓN a tod@s os maiores que participaron na actividade e a os que adican os recreos a ensinarnos xogos e a axudarnos a participar neles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!