xoves, 23 de maio de 2013

Unha bióloga responde as nosas dúbidas!!!!


O tema dos dinosaurios tívonos tan interesados que adicamos moitas sesión a falar sobre eles: características físicas, tipo de alimentos que inxerían, teorías da súa desaparición,... e restos fósiles.  Como Mateo trouxo un libro no que se dicía cómo facer un fósil decidimos que podiamos facer un na aula e para conseguilo a profe trouxo todos os ingredientes necesarios: xeso, arxila, cartolina e elementos naturais.


Así foi o proceso de elaboración:

Estendemos a arxila 

                   
Apretamos a ramiña contra a arxila




ata que deixe a marca              Repetimos o proceso con outros elementos



                                                                                                              
Botámoslle auga ao xeso para conseguir unha masa




Poñemos a cartolina arredor das marcas feitas para que non escape o xeso que vertemos 




Observamos, desmoldamos e volvemos a observar




Escribimos o que fixemos para que calquer persona que o vexa poida entendelo.

Como estabamos tod@s tan entusiasmados co tema, a profe convidou a clase unha bióloga para que viñese a informarnos mellor. Tivemos a sorte de contar con Emilia C. Fuentetaja, profesora de Bioloxía do IES Fernando Wirtz, que trouxo á aula unha bolsa cheíña de fósiles, entre os que estaban un cráneo e unha mandíbula, que comparamos cos do esquelete do centro, Huesitos. Para a sesión apuntamos todas as dúbidas que tiñamos como: De que animal é? De que especie? Onde se mercan? Canto custan? Canto pesan?Canto miden? De que país son?.... Emi respondeu a todas estas preguntas e a algunhas máis que ían xurdindo arredor dos fósiles e do esquelete humano como: Como sabemos se foi de chico ou chica? Para que serve a columna?Cómo se chaman os ósos?...
E despois de escoitar e preguntar moito, de observar e falar sobre fósiles, de xogar un pouquiño cos nomes dos ósos,... entregámoslle un agasallo por axudarnos tanto na nosa investigación ....




visita_fósiles - diapositivas

MOITAS GRAZAS EMI POR RESOLVER NOSAS DÚBIDAS E POR ANIMARTE A DAR UNHA CLASE DE BIOLOXÍA NUNHA AULA DE ED. INFANTIL!!!!

E para rematar moitos de nós fixémosnos unha foto con Huesitos, porque xa non lle temos medo ningún!!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...