domingo, 26 de maio de 2013

RECICLANDO PAPEL

Despois de tanto falar e traballar a reciclaxe, chegou o momento de vivir en directo a transformación dun material usado noutro reciclado. Para axudarnos, o Concello, ao que lles estamos mooooi agradecidas, propúxonos reciclar papel na aula. Para facelo contamos coa colaboración de Charo e Alexia que nos explicaron a importancia de reciclar o papel para coidar as árbores e o planeta

Mirade que sinxelo é que só empregamos: papel usado que cortamos en anaquiños, un cubo onde os botamos e ao que engadimos auga, unha batidora para facer a papilla, marcos de madeira cun mosquiteiro no que quedará o papel unha vez escorrida a auga , entretea para depositar o papel reciclado e xornais para axudar na absorción da auga.



Reciclaje papel 1 - presentacion imagen

reciclamos_papel - diapositivas


Finalizamos a xornada pintándonos o símbolo de reciclaxe na cara porque nós REDUCIMOS, RECICLAMOS E REUTILIZAMOS!!!







 E de seguro que víchedes que algúns de nós levaba unha prenda de roupa ao revés. Non é que estiveramos despistados, é que nos unimos á iniciativa SOMOS, promovida por moitas ONGs, coa intención de facer este xesto para simbolizar as nosas ganas de cambiar o mundo, ou como din os nenos "de darlle a volta ao mundo" e reciclar é un paso importante para conseguilo!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...