Finalizamos o traballo sobre pintores con Kandinsky, amante das figuras xeométricas, e os anticipados aniversarios de MARTÍN, MIGUEL, LAYNAH, NORAH e REMEI. Parabéns para tod@s eles!!!!
Desta volta as familias optaron por un conto que atoparon na web narrando a súa vida e a verdade é que deron no clavo porque os cativ@s non perdían ollo da historia. Se queredes vela clicade aquí
Os nen@s fixeron unha adaptación da obra CADRADOS CON CÍRCULOS CONCÉNTRICOS empregando témpera como se fose pintura de dedos que cambiaban cada vez que facían un círculo... e fixeron moitos!!!! DE NOVO, GRAZAS ÁS FAMILIAS POR TER TANTA PACIENCIA!!! En breve levaremos todos os nosos cadros para casa... xa veredes que arte temos!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!