Este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, que coñecimos grazas á bibliografía que colgou na rede o Seminario Galán. Se queredes descubrir a a razón do seu peculiar atuendo non tedes máis que picar na imaxe:
E se estivéchedes moi atent@s seguro que non vos costará moito resolver as actividades deste libro lim, que tamén eles elaboraron. Accederedes a elas picando de novo na imaxe:
O noso cole tamén realizou unha chea de actividades para homenaxealo, así como para celebrar o 150 aniversario de Cantares Gallegos: tivemos representacións musicais dos maiores de 6º de Primaria e de 6º de Infantil no pavillón, xogos e modelado con barro no patio e unha sesión de maxia na que rematamos comendo luces!!!!!
MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POR ESTE DÍA E EN ESPECIAL AO MAGO, CO QUE QUEDAMOS REALMENTE ABRAIAD@S!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!