mércores, 13 de marzo de 2013

O que horta quere ter, compost debería facer

Sabemos que somos uns privilexiad@s por ter horta propia no cole e unha especialista como Charo que pode falarnos das necesidades, usos e coidados das plantas. Cando non trae patacas, sorpréndenos con liño, cando non nos ensina unha cebola é que recollemos acelgas,...  e ademais, por riba, sabe tamén moito de animais, e como ten tantos libros sobre eles colabora de vez en cando no noso proxecto, emprestándonolos.




O que non imaxinaba a profe Charo era que nós nos implicariamos tanto no coidado da horta como para colaborar na produción de compost para alimentar os nosos cultivos. 



Todo comezou cando lles preguntamos aos cativos que nos serviría para facelo. As súas respostas foron: herba, mondas de plátanos, de laranxa, de mandarina, cacahuetes, migiñas da merenda,...  Tantos restos das merendas dixeron que a profe propuxo ter na aula unha papeleira só para eles e colaborar na elaboración do compost do centro... e todos se animaron. Iso sí, para que non houbese erros marcamos a papeleira con imaxes dos elementos que podiamos depositar alí e así non mezclalos co resto do lixo e, sabedes? Xa enviamos a primeira bolsiña!!!! 

Para comprobar que elementos se descompoñían e cales non, Charo propúxonos facer un sinxelo experimento. A tarefa consistía en enterrar unha folla de árbore, papel, plástico e un anaco dun brik de leite e esperar a ver que sucedía.  Avisounos de que era preciso que a terra estivese húmida e que deberiamos mollala todos os días. 

E cales son as súas hipóteses? Pois a maioría ten claro que a folla descompoñerase e hai nen@s que cren que algún dos outros elementos tamén. 


        
       Experimento horto - diapositivas

Dentro de dous ou tres semanas veremos que sucedeu e 
se as nosas hipóteses se confirman ou non!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...