xoves, 14 de marzo de 2013

OUTRO ANIVERSARIO MÁIS

 A finais do mes de febreiro tivemos o aniversario de Alejandro e de Marta. Aquí os tedes convertidos en pintores.
 
 Coma sempre, os "protas" fixeron as súas paletiñas, que todos firmamos, e entre todos fixémoslles as súas coroas.
 
 

 


 E unha vez máis tivemos ás familias acompañando os cumpleañeiros. Rosa, a nai de Marta, e Manolo, o pai de Alejandro, faláronos de PICASSO, un pintor que xa coñeciamos da visita o Museo de Belas Artes.
 Os papis contáronos que Picasso naceu en Málaga, e que dende moi pequeniño gustoulle moitísimo pintar. Despóis buscamos algún dos seus cadros en Google e atopamos o retrato de Dora, a súa moza. Este foi o cadro que tiñamos para facer en clase gracias á visita a Belas Artes. Aquí vos deixamos mostra do ben que o pasamos no aniversario e do moito que traballamos nas nosas Doras.

Aínda non rematamos todas as Doras, así que estade atentos porque nunha próxima entrada imos ensinarvos cómo quedan de chulas. ¡¡Estamos a convertirnos en estupendos pintores!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...