luns, 11 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Muller desde o Departamento de Orientación propuxéronnos que cada aula fixera un cartel sobre unha muller realmente relevante na Historia. Como non podía ser doutra maneira a clase de 4 anos A traballou sobre Cleopatra e a de 4 anos B sobre Jane Goodal, a muller-mono, dous mulleres moi relacionadas cos nosos respectivos proxectos.

En 4 anos A foi realmente sinxelo pois xa coñecían a Cleopatra de cando estudaron Exipto, por iso decidiron elaborar un cartel onde Cleopatra aparecese rodeada de pirámides e de Palmeiras.


En 4 anos B coñeceron a Jane Goodall e as súas investigacións grazas a este fragmento do National Geographic:





Así os pequen@s descubriron cómo investigou os primates e comprobaron as ferramentas que debe empregar un bo científico e que xa usamos na aula (observación e rexistro). Algunhas das súas conclusións coñecémolas grazas a este enlace  que lles fixo escachar coa risa. 

E despois de tanta información cada un debuxou a un primate, ...e é que desde que limos o libro "Un gorila" de  Anthony Browne, somos expertos e xa coñecemos moitos tipos,...e iso que non é nada fácil:


      E despois de moito traballar, así quedaron os nosos carteis que tedes na entrada do centro:


                         

                                          

                                            

Pero ... como as mulleres máis importantes sempre son as que temos cerca de nós, as que nos coidan, nos aloumiñan e nos axudan, pedimos que cada neno trouxera unha foto dunha muller da súa familia e xunto coas de 3 e 5 anos fixemos a cara dunha muller e a colgamos na entrada de Ed. Infantil.


             


        
Dia mujer 2 - foto montaje

Parabéns a todas!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...