domingo, 17 de marzo de 2013

Aniversario picassiano

O mes de febreiro entrou Pablo Picasso na nosa aula  da man da avoa de Vega e do papá de Iván. 

                



Aínda que xa coñeciamos a Picasso (e a Dora) dende a visita ao Museo de Belas Artes, axudounos moito que as familias viñeran a ampliar a información e a ensinarnos o Guernica un cadro moi diferente aos que vimos ata o de agora: en branco, negro e gris, con pantasmas e persoas que sofren, .... 

          
          Picasso13 - diapositivas

E situamos a Picasso no mapamundi, e falamos do cadro, buscamos as pantasmas,  ... e comimos unha tarta riquísima... Así que ... MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!!!!



Nestes momentos Picasso está moi presente na aula; por unha banda o Guernica forma parte das normas  axudándonos a recordar que " hai que coidar aos demais" e por outra o retrato de Dora, que comezamos no Museo e rematamos no recuncho de arte, decora o corredor colgado nos ventanais da clase.









2 comentarios:

  1. Parabéns ós cumpleañeros! Moitos bicos departe de Pedro.
    Gustounos mocito ver as fotos , e a bola de Navidad que fijo Pedro ó lado dun Picasso!!!
    Pedro está moi contento en Madrid , pronto iremos a vervos.

    Bicos a todos

    Pedro e a sua nai.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E isto foi o que os caracois escribiron dende a aula coa axuda da profe Raquel:

      TENEMOS GANAS DE VEROS.QS ESPERAMQS.
      BESOS VOLADORES

      Eliminar

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...