domingo, 17 de marzo de 2013

SESIÓN DE CONTACONTOS NO COLE


  A semana pasada tivemos unha sorpresa estupenda. Recibíramos una carta na que "Patricia e Alex" nos anunciaban a súa visita ao cole para cantarnos e contarnos algún dos contos da editorial na que traballan: KALANDRAKA.
     E así foi, o mércores despóis do recreo subimos á aula de música e disfrutamos dun agradable ratiño no que puidemos escoitar, pero tamén cantar.
    Alex é un gran músico, e viña co seu acordeón, co que aompañou todos os contos e cancións das que nos fixeron disfrutar. Patricia viña co abrigo de Loreto, que dí no seu conto "está cheo de petos".
    Como vedes nas fotos, tivemos que estar moi caladiños e atentos nalgúns momentos, para escoitar ben, pero noutros cantamos as cancións que nos ensinaron.

Kalandraka - foto montaje

    Un dos contos cos que máis disfrutamos foi  "A galiña roxa". Gustounos tantísimo que pensamos en compartilo con todos vos. 


     Pero se tedes boa memoria, recordaredes que cando contamos a despedida da profe Pilar, una das cancións que vos dixemos que cantábamos con ela era precisamente a de "A Galiña Roxa". Volvemos a deixala por aquí para recordar á profe.



  
                                                     

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...