xoves, 21 de febreiro de 2013

FACÉMONOS MAIORES 
 
  A piques estamos de festexar un novo aniversario e non queremos facelo sin contarvos o último que tivemos: o de xaneiro, cando fixemos festa en clase con Nayara, Victoria e Rubén coma protagonistas. Un deles foi o primeiro en cumplir os 5 anos, adiviñade quen é.....
  
  Esta vez vímonos en apuros, pois a semana do cumple, os tres protagonistas estiveron enfermos e non puideron vir, así que tiveron que facer as súas paletiñas de pintores correndo o último día. Por sorte tiñamos tres coroas xa preparadas para eles.
  Ese venres viñeron os papis a falarnos por primeira vez dun pintor que non naceu en Galicia, pero sí en España, Velázquez. O papi de Rubén fíxonos una presentación sobre él preciosa. Deixámola aquí para que a disfrutedes.   
 


 

  Despóis, cantámoslles ós cumpleañeiros cando sopraron as candeas e tivemos a sorte de poder comernos a tarta de cores que nos preparou a mami de Victoria. ¡¡Estaba boísima!!  Durante os días seguintes, no recuncho de arte, estivemos pintando un dos máis famosos cadros de Diego Velázquez: As Meninas. E coa súa protagonista, a Infanta Margarita, que nos prestaron os amigos de 5 anos B , fixemos una peliculiña para non esquecer a tan importante pintor. Esperamos que vos guste.




 















 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...