luns, 18 de febreiro de 2013

En Xaneiro coñecimos a Velázquez

Atención, atención!!!! Temos algo moi importante que contarvos!!! Na clase de 4 anos B xa comezaron a aparecer candeas de 5 anos... e xa non hai volta a atrás. Os primeiros en facer  os 5  foron Mateo e Roque ... ben se nota nas fotos o maiores que son!!



Para celebralo viñeron á aula as súas mamás a falarnos de Diego Velázquez, e presentáronnos dous cadros moi famosos: A Fragua de Vulcano e As Meninas. Contáronnos un conto e mostráronnos este vídeo tan interesante onde as personaxes de As Meninas se nos presentaron para que os coñeceramos e soupesemos o que estaban a facer.


 E a tarta tamén tiña sorpresa: Banderillas coa imaxe de Margarita e de Velázquez!!!  Para rematar a festa invitamos a Iria, a irmá maior de Mateo, que levou para a súa clase uns anacos de tarta para que os seus compañeiros tamén puidesen probala e ... de seguro que chuparon ben os dedos!!!! Estaba boísima!!!
Por certo, se nos vedes cunhas gafas raras é que estamos mirando imaxes en 3D, como as que ten o libro "Erase la pintura. Velázquez" 


cumples_xaneiro - presentacion imagenes



Pero aí non quedaron as sopresas porque Mar, a nosa amiga pensadora, trouxo á clase á mismísima Margarita (feita polas familias de 5 anos...gracias por emprestárnola!!!) para que nos convertiramos por un día en infantas. O xogo trataba de favorecer a empatía,  poñéndose no seu lugar, para o que cada quen pensou o que diría se fose ela.



Xulgade vós se o conseguiron. Algunhas das frases que escoitamos foron: "Hola, soy Margarita" " Me voy con  Nicolasillo a bailar", "Soy una princesa muy guapa",...


               
               meninas - diapositivas

PARABÉNS A ESTES CHICOS TAN MAIORES E COMA SEMPRE MIL GRAZAS ÁS FAMILIAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...