O xoves pola maña Martina tróuxonos una noticia do xornal moi importante: morrera Peteiro! Coñecimos a Peteiro no primeiro trimestre grazas ao papá de Marina e a mamá de Álvaro, que viñeron a falarnos del na celebración dos seus aniversarios. Presentáronnos este Powerpoint que nos axudou a entender a súa obra:
Gustounos moitísimo a súa pintura porque nos seus cadros aparecían lugares que coñeciamos como Santa Cruz, A Coruña, ... e porque as súas obras estaban nas rúas polas que paseabamos ou nos lugares que visitamos.(Sada, Casa dos Peixes...) estaba presente nas nosas vidas!!!!

Por suposto, tamén nos uninos ao resto de centro para facerlle unha merecida homenaxe vestíndonos cada un dunha das cores coas que él adoitaba pintar, cores alegres, vivas, que transmiten alegría. E así chegamos ao cole:
Despois do recreo xuntámonos co resto das aulas para facerlle unha homenaxe especial a través dunha marea de cores. Estade atent@s porque en breve aparecerá na web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipisidroparga/
E coa P de Peteiro marchamos para as nosas casas.... non nos queda máis que dicir que: VAI POR TI, PETEIRO!!!!!!
(Imaxe tomada da páxina elcorreogallego)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!