Antes de contarvos como se está desenvolvendo a nosa investigación sobre os animais, queremos que vexades como terminou a que realizamos sobre os touros: cun pouco de maquillaxe e todos a catro patas.
Que doado foi investigar sobre os cans porque os temos de mascotas!!! Sara, Vega, Adriana, Blanca, Iván, Martín,...ensináronnos fotos dos seus cans e explicáronnos algunhas cousiñas sobre a súa alimentación, os seus xogos, ... As familias de Blanca e de Mateo tamén mandaron información moi interesante ao noso correo de gmail grazas á que coñecimos as diferentes razas e a mamá de Hugo enviou este enlace ao xogo de Chico, que nos axudou a entender os coidados que precisan: alimentación, hixiene, paseo,.. sei que levades tempo esperándoo, agora por fin o tedes...xa podedes xogar dende a casa!!
E vimos vídeos, limos información nos libros, convertémonos en cans por un ratiño e dramatizamos escenas da súa vida, escoitamos a canción de Perro Salchicha, xogamos ás adiviñas...

Aínda que poderiamos estar todo o curso cos cans, decidimos seguir coñecendo outros animais e como non contabamos coa bola do mundo de Martina empregamos un libro que trouxo Mateo para guiarnos. Como os animais que aparecían en Europa eran moitos, para chegar a unha decisión democrática ...votamos e saiu elexido ...o lobo!!! Así que seguimos investigando coa información que trouxeron Lola e Catalina e descubrimos que hai unha raza de lobos na que a cabeza do macho é máis grande que a das femias e para comprobar se sucedía tamén nas persoas decidimos medir as nosas cabezas e comparándoas chegamos á conclusión de que "depende de la edad y de la altura". "Están seguros" de que os de 4 a teñen máis pequena que os de 5 , pero tamén hai nenos de 4 que son máis altos e teñen a cabeza máis grande...canto nos fixo pensar este dato tan curioso!
Pero falando e falando de animais tamén nos emocionamos co morcego ...tiñamos varias preguntas: por que viven nas casas das avoas? que pasa se nos chuchan o sangue? Morren cando ven o sol? Blanca enviounos unhas fotos nas que vimos que os hai grandes e pequenos e que os hai que comen froitos e insectos, pero tamén limos que incluso se alimentan de peixes ou sangue. Ademais grazas a Sole, a mestra de Audición e Linguaxe sabemos que sempre fan caca no mesmo lugar... quizais descubriremos máis cousas cos enlaces que trouxo hoxe Adriana e que veremos estes días.
E agora estamos falando de semellanzas/diferencias entre animais: tamaños, cores, número de crías, don que lles deu a nai natureza e que lles fai especiais...e pegadas e excrementos que deixan,.... a ver se somos bos e boas detectives e aprendemos a seguir o seu rastro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!