Amosando publicacións coa etiqueta 3 AÑOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3 AÑOS. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de abril de 2018

PRIMAVERA, NOVOS RECURSOS DE APRENDIZAXE

Coa chegada da primavera aparecen nas aulas novos recursos de aprendizaxe, como flores, plantas, pedras, ... e nós, os compis de 3 ANOS A, aproveitamos todos os que podemos na aula.

 Coas flores embarcámonos nos experimentos, nada mellor para fomentar o pensamento científico!!!

Que sucederá se lle engadimos colorante ás flores? As hipóteses foron varias: morrerán, se tinguirán, vivirán,...

Probamos, observamos, vimos poucos cambios, variamos condicións, de volta a observar...como en toda investigación!!!





Non perdades detalle porque mirade que sabias conclusións:

- vimos a maxia das cores que xa probaramos con pintura (con colorante azul a flor  branca púxose azul e a amarela verde)


- Algunhas flores non chupan

- As flores pequenas non chupan ( Enzo xa trouxo unhas margaridas do patio para comprobalo)

Por outra banda gustáronnos tanto as pedras que as empregamos para todo: escribir, contar, realizar as nosa creacións artísticas,...













e...están aparecendo niños na aula ... só adiantarei que de paxariños non serán....



Así que, por todas esas novas oportunidades de aprendizaxe e ben engalanados coas nosas coroas de flores que recollimos no patio....BENVIDA PRIMAVERA!!!








mércores, 4 de abril de 2018

QUE LUGARES VOS RECOMENDAMOS PARA VISITAR?

Á VOLTA DE VACACIÓNS ALGÚNS DOS NENOS/AS  DE 3 ANOS A TIÑAN MOITAS GANAS DE CONTARLLE AOS DEMAIS ALGÚN LUGAR IMPORTANTE, BONITO, DIVERTIDO ,...NO QUE ESTIVERAN. APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA INVESTIGAR E COÑECER OPCIÓNS DE OCIO ÁS DE TODOS OS DÍAS, COMO PODEN SER ZOOLÓXICOS, ILLAS, MONUMENTOS, FESTAS,...PARA O QUE EMPREGAMOS FOTOGRAFÍAS, LIBROS OU VÍDEOS QUE ALGÚNS ENVIÁCHEDES E INTERNET, ONDE BUSCAMOS IMAXES, VÍDEOS, COÑECIMOS GOOGLE MAPS (E EN BREVE GOOGLE EARTH), ...

COAS COUSIÑAS QUE NOS VAN CONTANDO IMOS ORGANIZANDO UN PANEL NA PORTA ONDE RECOLLEMOS ESTES LUGARES PARA RECOMENDARLLOS A TODOS OS QUE POR ALÍ PASEN. 



ANÍMOVOS A TODOS A QUE MANDEDES AO  CORREO (infantilisidro@gmail.com) FOTOS SOBRE ALGÚN LUGAR NO QUE OS VOSOS FILLOS/AS GOZASEN NESTAS VACACIÓNS PARA COMPARTILO COS DEMAIS E AUMENTAR ESA CURTA LISTA, ... DE MOMENTO . E SE ESTÁN ELES NA FOTO...MELLOR IMPOSIBLE

NON TEÑEN QUE SER GRANDES VIAXES, NA NOSA TERRA TEMOS LUGARES PRECIOSOS QUE VISITAR E MUSEOS E MONUMENTOS NATURAIS QUE CAUSAN ADMIRACIÓN DE MOITOS.

domingo, 18 de marzo de 2018

REUNIÓN 3 AÑOS A


Marzo17/18 

Aquí está la presentación realizada el lunes en el aula de 3 años A. He añadido algunas fotografías y eliminado lo referente a los gastos de la cooperativa. Si necesitais información sobre ella, la encargada hasta ahora fue Rosa  (la madre de Roi) y la actual es Raquel ( la madre de Antón). Mil gracias a las dos por su imprescindible colaboración y a todas/os en general por vuestra implicación! 

venres, 19 de xaneiro de 2018

OS ÓSOS TEÑEN SANGUE POR DENTRO?

COMEZAMOS O COLE CON MOITAS GANAS DE INVESTIGAR. AOS VERDADEIROS INVESTIGADORES NOTÁSELLES NA CARA, NAS PREGUNTAS QUE REALIZAN E NA SÚA ENERXÍA POR BUSCAR EXPLICACIÓNS CIENTÍFICAS. POR ISO A AULA DE 3 ANOS A UNÍMONOS Á INVESTIGACIÓN SOBRE DINOSAURIOS QUE REALIZARON OS MAIORES DE INFANTIL. A RAÍZ DELA COÑECIMOS OS PALEONTÓLOGOS, OS FÓSILES E OS ÓSOS. TRABALLANDO COMO PALEONTÓLOGOS DESCUBRIMOS QUE OS ESQUELETES DOS DINOSAURIOS TEÑEN SIMILITUDES COS NOSOS. ENTÓN...


RAÚL TROUXO Á AULA UNS ÓSOS...E O PROXECTO COMEZOU..



A PREGUNTA DE PARTIDA , QUE XURDIU DAS SÚAS OBSERVACIÓNS, FOI: TEÑEN OS ÓSOS SANGUE POR DENTRO?
11 DOS NENOS/AS PENSAN QUE SÍ E 12 QUE NON, COMO VEDES A VOTACIÓN ESTÁ MOI AXUSTADA.  


DE MOMENTO GRAZAS A NICO FALAMOS DO LATIDO DO CORAZÓN E DA RESPIRACIÓN.



DEBATIMOS TAMÉN SOBRE A INFORMACIÓN QUE NOS PODE OFRECER UN ESQUELETE. OLLO ÁS CONCLUSIÓNS: NON TEÑEN CLARO SE PODEMOS SABER SE É DE MULLER OU HOME, PERO SÍ QUE SE PODE SABER SE SON DUN ADULTO OU DUN NENO. LUCÍA EXPLICOUNOS QUE OS ÓSOS DUN NENO SON MOITO MÁIS PEQUENOS.


E MIRADE QUE CONTENTOS ESTAMOS DENDE QUE HUESITOS, O ESQUELETE DO CENTRO, SE INSTALOU NA AULA PARA  AXUDARNOS A DARLLE FORMA ÁS NOSAS PESQUISAS.






PARA COMEZAR, ONTE RECIBIMOS ALGUNHA INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE: NO INTERIOR DOS ÓSOS ESTÁ A FÁBRICA DO SANGUE: A MÉDULA ÓSEA.

QUEDARON ABRAIADOS:CANTOS MISTERIOS GARDA O NOSO CORPIÑO!!!

DE MOMENTO, DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS DAS CANCIÓNS QUE POÑEMOS NA AULA ESTES DÍAS PARA QUE VAIADES COLLENDO RITMO:


MIGALLAS:




MAMÁ CABRA:

 

ESPEREMOS QUE ENTRE TODOS/AS CHEGUEMOS A ENTENDER COMO SOMOS, COMO NOS SENTIMOS E COMO O EXPRESAMOS... 

domingo, 31 de decembro de 2017

FELICES FESTAS!!

QUEREMOS DESEXARVOS A TOD@S UNHAS MOI FELICES FESTAS E UN ANO NOVO CHEO DE ILUSIÓNS E EMOCIÓNS DENDE O PRIMEIRO ATA O ÚLTIMO DÍA!!




sábado, 23 de decembro de 2017

Aniversarios de Roi e Noa

E colorín colorado, con Roi e Noa Armesto, os aniversarios de tres xa remataron!!!! E cando vexades as fotos destes pequenos entusiasmados co seu aniversario quedaredes namorados!!





 

 



E como no Nadal estamos, só coas luces da árbore tamén sopramos!!!!!!


Parabéns e moitos bicos e abrazos voadores para estes dous nenos tan maiores!!!!

venres, 8 de decembro de 2017

Aniversario de Noa

En Novembro celebramos na aula de 3 anos A o aniversario de Noa Casas, que decidiu non esperar ata Decembro para gozar da súa festa... ALGUÉN PODERÍA FACELO PARA CONMEMORAR UNHA DATA TAN IMPORTANTE?








O noso agasallo, coma sempre, foi unha coroa de mans, mans que axudan, que acarician, que experimentan, que comparten...

Parabéns e moitos bicos voadores deses doces, doces que tanto nos gustan!!!!


martes, 28 de novembro de 2017

25 novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A semana pasada quixemos conmemorar o 25 de novembro escribindo nas "nosas mans" palabras bonitas e cheas de bos desexos.






Nalgunhas clases tamén visualizamos o conto de Rosa caramelo para falar e concienciarnos da igualdade.


EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...