COMEZAMOS O COLE CON MOITAS GANAS DE INVESTIGAR. AOS VERDADEIROS INVESTIGADORES NOTÁSELLES NA CARA, NAS PREGUNTAS QUE REALIZAN E NA SÚA ENERXÍA POR BUSCAR EXPLICACIÓNS CIENTÍFICAS. POR ISO A AULA DE 3 ANOS A UNÍMONOS Á INVESTIGACIÓN SOBRE DINOSAURIOS QUE REALIZARON OS MAIORES DE INFANTIL. A RAÍZ DELA COÑECIMOS OS PALEONTÓLOGOS, OS FÓSILES E OS ÓSOS. TRABALLANDO COMO PALEONTÓLOGOS DESCUBRIMOS QUE OS ESQUELETES DOS DINOSAURIOS TEÑEN SIMILITUDES COS NOSOS. ENTÓN...
RAÚL TROUXO Á AULA UNS ÓSOS...E O PROXECTO COMEZOU..
A PREGUNTA DE PARTIDA , QUE XURDIU DAS SÚAS OBSERVACIÓNS, FOI: TEÑEN
OS ÓSOS SANGUE POR DENTRO?
11 DOS
NENOS/AS PENSAN QUE SÍ E 12 QUE NON, COMO VEDES A VOTACIÓN ESTÁ MOI
AXUSTADA.
DE MOMENTO GRAZAS A NICO FALAMOS DO LATIDO DO CORAZÓN E DA RESPIRACIÓN.
DEBATIMOS TAMÉN SOBRE A INFORMACIÓN QUE NOS PODE OFRECER UN ESQUELETE. OLLO ÁS CONCLUSIÓNS: NON TEÑEN CLARO SE PODEMOS SABER SE É DE MULLER OU HOME, PERO SÍ QUE SE PODE SABER SE SON DUN ADULTO OU DUN NENO. LUCÍA EXPLICOUNOS QUE OS ÓSOS DUN NENO SON MOITO MÁIS PEQUENOS.
E MIRADE QUE CONTENTOS ESTAMOS DENDE QUE HUESITOS, O ESQUELETE DO CENTRO, SE INSTALOU NA AULA PARA AXUDARNOS A DARLLE FORMA ÁS NOSAS PESQUISAS.
PARA COMEZAR, ONTE RECIBIMOS ALGUNHA INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE: NO INTERIOR DOS ÓSOS ESTÁ A FÁBRICA DO SANGUE: A MÉDULA ÓSEA.
QUEDARON ABRAIADOS:CANTOS MISTERIOS GARDA O NOSO CORPIÑO!!!
DE MOMENTO, DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS DAS CANCIÓNS QUE POÑEMOS NA AULA ESTES DÍAS PARA QUE VAIADES COLLENDO RITMO:
MIGALLAS:
MAMÁ CABRA:
ESPEREMOS QUE ENTRE TODOS/AS CHEGUEMOS A ENTENDER COMO SOMOS, COMO NOS SENTIMOS E COMO O EXPRESAMOS...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!