venres, 11 de decembro de 2015

Semana en Contra da Violencia de Xénero (5º EI B)

No tempo en que vivimos é moi importante concienciar aos nenos e nenas de que coa violencia non se chega a ningún lado, e aínda que hai moitas veces que nos enfadamos con irmáns, compañeiros,... temos que aprender a controlarnos e a falar as cousas, xa que pegando non solucionamos nada...
O día 25 de novembro celébrase o día en contra da violencia de xénero e dende o centro propúxose facer unha serie de actividades cos nenos e nenas de tódolos cursos.
A primeira actividade que tivemos os nenos e nenas de 4 anos B foi facer un cartel relacionado coas nosas Avoas, que son importantísimas para nós, debuxámolas e despois fomos dicindo o que máis nos gusta facer con elas. Mirade como fomos facéndoo: 



Tamén viñeron dúas mamás a lernos contos: Cate e Mónica, as mamás de Sofía e Naiara. 

Moitas grazas por participar nesta actividade!! 



Encántanos que veñades, mirade como mira Naiara a súa nai... 

Por último, e tamén coa colaboración das familias, cada neno e nena levou á casa un lazo, que decorástedes moi bonitos, queredes saber o que fixemos con eles??


Entre todas as clases de Educación Infantil, e coa axuda de Carmen, fixemos un lazo ainda máis grande con todos os que trouxemos da casa, quedou súper bonito, para recordar que a paz e a non violencia conseguímola entre todos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...