venres, 11 de decembro de 2015

O Museo de Belas Artes da Coruña (5º EI B)

A principios do mes de novembro, Sergio trouxonos unha carta, e como ainda non sabemos ler, a profe Rosa díxonos que esa carta era unha invitación do Museo de Belas Artes da Coruña para ir a ver o que alí tiñan e para facer moitas actividades... Emocionámonos tanto que decidimos imprimir un calendario e ir marcando os días ata que chegara o 26 de novembro, que é cando tíñamos que ir. 
Días antes estivemos vendo cuadros, artistas, que teñen obras nese Museo e coñecemos a Luís Seoane e un pouco da súa historia e do que lle gustaba pintar. 
Incluso Mario tiña cadros feitos pola súa nai, Patricia, que eran tal cual coma os de Seoane:




Chegou o día da visita e montamos no autobús:



Emocionámonos moito cando entramos nunha sala do museo e vimos tódolos cadros de Luís Seoane. 


Tamén nos ensinou o cadro dunha princesa, e Nuria disfrazouse, cunha perruca, un colar e un guante branco... o que máis nos gustou é que Naiara tamén se disfrazou e posou para que lle quitáramos unha foto:


Tamén nos ensinou unha estatua... O XIGANTE, que parecía enfadado... Así que tamén o imitamos.


Por último fixemos unha actividade sentados: Coloreamos e adornamos o cadro dunha princesa. Rematámolo na clase, botándolle moita purpurina para que quedara aínda máis bonito.


Pasámolo moi ben na saída, sempre nos gusta moito ver cousas novas e visitar museos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...