A semana pasada o amigo Meco trouxonos varios mandadiños para gozar eses días disfrazándonos.
Foi moi divertido chegar a clase e ver as ideas que tiveramos para seguir as súas indicacións: algo no pescozo, bigotes, nariz pintada e disfrace libre para que cada un/unha se convertira no que máis desexara. Se queredes ver ben as fotos que sacamos picade na icona rectangular da dereita da imaxe, a que ten as catro flechas que a agrandarán.
E así de content@s e unid@s pasamos o último día,...aquí xa saimos coa barriguiña ben chea con todas as viandas que moitas das familias enviáchedes para compartir con tod@s os compañeiros: rosquillas, orellas e filloas.
GRAZAS A TOD@S OS QUE PARTICIPÁCHEDES NAS APORTACIÓNS DESE DÍA, SABEDE QUE AOS NEN@S ENCANTOULLES A DEGUSTACIÓN, PERO TAMÉN O TRAER ALGO DA CASA PARA OS SEUS COMPAÑEIR@S!!!!
E que viva o Entroido!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!