sábado, 15 de febreiro de 2014

Os /as extraterrestres do Isidro

Toda a información que temos apunta a que non se coñece vida extraterrestre...de momento. Pero que non exista, non significa que non podamos imaxinárnola ou inventar sobre ela. Por exemplo, se lles damos un globo e lles pedimos que elixan un planeta do noso Sistema Solar, que debuxen como sería un extraterrestre que vivise nel, que lle poñan incluso nome e que expliquen en qué se diferencia dos humanos... salen ideas tan boas como....


E como seriamos nós se tivesemos un ollo máis? O xoves a profe pintounos un,...é unha magoa non ter máis fotos, pero tivo que crear 22 ollos e o tempo non deu para máis...o dela o debuxaron Lola e Blanca!



Outra das actividades que fixemos estivo relacionada con San Valentín. O luns entregáronse uns corazóns nos que os neno@s pegaron por detrás un nome dun amig@ elexido ao azar para regalarllo na aula despois de darlle un pouco de vida con debuxos, palabras ou frases bonitas,.... Por riba, Catalina trouxo bombóns en forma de corazón... que formas tan doces de expresar sentimentos!!!! 

Aproveitando esta festa do amor e da amizade a profe propuxo convertirnos en extraterrestres con tres bocas: a propia e outras dúas máis que serían bicos doutros compañeir@s...Algúns quixeron dar só bicos en lugar de recibir ou borrarse para sair á rúa...pero todos gozamos coa actividade respetando as decisións dos demais: quen queira recibir bicos para convertirse en extraterrestre que levante a man!!!!!!

E mirade o chulos que son estes corazóns que recibiu a profe de Norah e Laynah!!! Grazas chicas!!!!!!!!


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...