domingo, 9 de febreiro de 2014

E se colonizamos a lúa?

Despois de falar tanto sobre se haberá vida ou non no resto do espazo, pareceunos unha misión moi interesante construir unha cidade lunar. Na aula buscamos  información sobre os tres problemas máis importantes a solventar: a falta de osíxeno, de atmósfera e de auga.

Segundo limos, a auga estaba en forma de xeo nos cráteres, así que buscamos un do que aproveitarnos  (Shackleton.) preto do que colocamos paneis solares. Como as zonas máis iluminadas polo sol son os polos intentamos poñer a nosa cidade no outro. Pensamos en poñer estes paneis enriba das casas pero así non se vería o nome dos que vivirían nela... Tendo en conta toda a información atopada os nenos/as tiveron que tomar e argumentar moitas decisións, sobre como representar: a superficie, o xeo, as casas, os paneis,  os cables.....


cidade lunar - foto montaje

Elexiron tamén os establecementos indispensables nun poboado: Tendas, farmacia, banco, colexio e hoteis (ASÍ QUE XA SABEDES....PODEDES VIR A VISITARNOS)

E aquí está a nosa cidade lunar:



Aínda quedan moitos interrogantes por resolver, pero ....esta é a nosa primeira maqueta sobre a vida na lúa...de seguro que co tempo iremos mellorando algúns aspectos, pero... xa sabedes a ciencia evoluciona a poucos, conforme se van descubrindo máis cousas.....

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...