venres, 3 de xaneiro de 2014

Nadal dentro e fóra da aula

O espíritu navideño non quedou só na cociña, estivo presente noutras moitas actividades da aula.
Para engalanar a entrada do cole pedimos a cada nen@ que coa axuda da súa familia decorase libremente un triángulo verde. Logo xuntamos todos os d@s nen@s de 5 anos e ....isto foi o que conseguimos....























Vamos a velo máis polo miúdo....estas son as súas creacións:



triángulo-árbore - diapositivas


Tamén participamos no concurso de tarxetas de Nadal, fixemos a nosa postal en dixital, describimos as fotos que algúns nos mandáchedes ao correo coa vosa decoración navideña, fixemos unha supercomilona  e montamos unha árbore na mesmiña aula que, Lucía, a mamá de Blanca, nos regalou. Ela e Lisa ( a mamá de Lola) voltaron un pouco despois con adornos que colgamos,.... o que elas non chegaron a ver foron os que nós coloreamos por parellas na aula e que penduramos tamén na árbore,....



actividades_Nadal - presentacion imagenes

E estos somos nós todos fachendosos coa nosa árbore:



Veredes que ademais recollemos pinas no recreo que puxemos na base da árbore....Cando traballamos en equipo non hai quen nos pare!!!!!


Unha verdadeira obra de arte!!!!!
Xa quixeran moitos comercios tela no seu escaparate!

GRAZAS A LUCÍA E A LISA POR COMPARTIR CONNOSCO O SEU TEMPO E POR SUPOSTO GRAZAS LUCÍA POLO TEU AGASALLO... XA VERÁS COMO IRÁ CAMBIANDO DE APARIENCIA Ó LONGO DO CURSO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...