Unha das propostas do noso proxecto sobre a lúa foi facer un foguete. Despois de recoller as súas ideas e vendo que o querían facer con caixas de cartón, a profe buscou un titorial con esas suxerencias. Este foi o elexido:
As familias, os nen@s e a profe comezamos a traer caixas a clase, pero como non todas eran iguais, fixemos unha plantilla para o que buscamos os números que nos indicaba e medimos co noso metro.Despois a profe recortounas co cúter para que o puideramos pintar. Para iso tivemos que decidir as cores buscando en Internet tipos de foguetes e votando, para elexilos democráticamente.
As cores vencedoras foron o branco, o negro, o gris e o rosa....así que pouco a pouco fomos pintando a que sería a nosa nave. Seguindo o titorial fixemos as ventás e a porta e cando estivo todo seco o pegamos con cinta de dobre cara. Lola fixo a pantalla do ordenador na súa casa e Martina e Blanca o teclado do ordenador...que non pode faltar nun foguete profesional!!!
Aínda que puxemos moito empeño en medir ben para conseguir un bo pico, logo, ao montalo as pezas non nos encaixaron ben; a profe tentou arranxalo, pero .... non o conseguiu..... así que cando nos enteramos de que Marcos, o pai de Sara, era enxeñeiro, pedímoslle axuda cunha carta que pensamos entre todos:
QUE SORTE CONTAR COA AXUDA DUN PROFESIONAL!!!!!!! GRAZAS MARCOS!!!!!!!!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!