domingo, 1 de decembro de 2013

Dobre saída: Planetario e Aquarium

AproveitamoS a viaxe a A Coruña para facer dúas visitas mooooi interesantes: ao Planetario e ao Aquarium. No primeiro gozamos co vídeo da estrela Fugaz despois do que tivemos unha pequena entrevista sorpresa da Cadea Ser para preguntarnos sobre o que aprenderamos dentro. Xa que estamos investigando a Lúa e o Universo, e os amigos da outra aula fixérono o ano pasado, tiñamos moitos coñecementos, aínda que quizais mesturamos algunhas cousiñas despois de ver o vídeo.

No Aquarium atopamos unha amiga da mamá de Vega que nos dixo que nos botaba moito de menos e que lle encantaría que nos fixeramos unha foto para mandarlle, que veredes ao final da entrada. Aprendimos nomes de peixes, recordamos a súa forma de respirar, observamos as focas e como as alimentan, vimos a Gastón, o tabeirón que vixía o submarino e do que aprendimos algunhas cousiñas como que ten dous penes (que xa veredes plasmados en plastilina).....



E así foi como cada un plasmou o que máis lle gustou do Aquarium...veredes que o rodaballo chamoulles moitíisimo a atención pola súa forma e capacidade de mimetización coa area.




E esta é unha das fotos de grupo que lle mandaron a Vega:



E para aunar un pouquiño o mundo mariño cos instrumentos musicais escoitamos esta canción tan divertida (SINFONÍA INCLONCLUSA DEL MAR) ,....a ver se vos tamén sodes capaces de lembrar que animais saen? e que instrumentos? Veredes que pegadiza é:




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...