Hai unhas semanas a mamá de Cristina animou á súa amiga Raquel para que nos ensinara que é, como xurdiu e como se baila a danza oriental (do ventre). Raquel forma parte do grupo Halima Naima e é toda unha experta en bailar e tratar cos nen@s, porque aínda que non coñecía á maioría, conectou con eles enseguida. Como xa sabedes que non vale só mirar, senón que nos gusta implicarnos nas actividades, elaboramos na aula o noso propio pano no que substituimos as moedas por gomets...incluso algunhas se animaron a traer unha vestimenta real das súas mamás....
danza_ventre - diapositivas
E aquí vos deixo o vídeo que observamos na aula, co que aprendimos algúns pasiños e posicións,....por sorte chicos e chicas se animaron....o baile é cousa de tod@s!!!! Son Raquel e o seu grupo....que luxo que viñera á aula, verdade???
GRAZAS RAQUEL POR COMPARTIR DESINTERESADAMENTE O TEU TEMPO CON NÓS E GRAZAS MARÍA POR ANIMALA E COLABORAR NA ACTIVIDADE!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!