Como tod@s sabedes a nosa compañeira Vega marchou onte para Londres; deunos moitísima pena despedirnos dela, pero estamos moi contentos porque agora estará co seu papá e a súa mamá, coñecerá máis amigos e amigas.... e cando volva nos ensinará moito inglés!!!!!!
O mércores veu a súa Tita Genma cunha guitarra española para tocarnos, cantarnos e ... animounos tantísimo que estivemos bailando e cantando boa parte do tempo!!!!!! Explicounos un pouquiño as súas partes, a utilidade de dous accesorios (a puga e a "cejilla") e deixounos tocar a cada un a nosa canción favorita: COMEZOU ELA CO WAKA-WAKA, e logo foron saíndo EL POLLITO PÍO, ¿ESTRELLITA DONDE ESTÁS?, A SAIA DE CAROLINA,.....ONDIÑAS VEÑEN,....!!!! E puxo música á nosa canción de "LÚA, LÚA, LÚA"
AO FINAL SACAMOS UNHA FOTO BEN ROCKEIRA!!!!!!
O venres démoslle o seu agasallo: un libro feito por nós cun montón de debuxos e bos desexos e un dvd coas fotos do curso...para que non nos olvide!!!! Ademais levou tamén unha morea de abrazos e bicos e algúns agasallos persoais que lle fixeron algunhas das nenas. Uns días antes Vega trouxera da casa unha morea de notiñas escritas por ela onde nos dicía a cada un de nós o moito que nos ía botar de menos. Prometeu escribirnos ....así que ...esperamos os seus mails!!!
PÁSAO BEN, APRENDE MOITO E VOLVE A VERNOS QUE SEMPRE TERÁS UN OCO BEN GRANDE NA NOSA AULA E NO NOSO CORAZÓN!!!!!
Coincidiu tamén a súa despedida coa semana de Cabazas e Castañas, que culminou co Magosto, así que participando de festa en festa ...esperemos que leve unha boa lembranza do cole:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!