venres, 1 de novembro de 2013

Apócemas en Samaín

Este ano animánosnos a facer en cada aula de E. Infantil unha apócema con froitas típicas do outono (caqui, chirimoia e zume de foitos vermellos) que transformamos en elementos que as bruxas poden meter nelas. Na aula de 5 anos B a bruxa que acudiu ao aquelarre foi a profe Raquel, que tiña o pelo loooooongo e veeeerde e que precisou da axuda dos nen@s para cortar, separar, contar,... nunha mesa de traballo decorada para o evento.

Despois de dar ideas realizamos as votación e decidimos que convertiriamos o caqui en pedras máxicas, a chirimoia en escamas de lagartixa e o zume en tripas de rata.

Ademais tamén degustamos arándanos  que comimos como ovos de mosquito e apreciando o seu sabor amargo e os grans da granada que foron ollos de tigre. 

Finalizamos a apócema metendo un verme en cada vasiño que decoramos con imaxes de medo.
















Tamén veredes un ollo de zombie nas fotos,...gustounos tocalo e ulilo, pero quedou para a profe non fora demasiado explosivo. 

Cada quen decidiu que quería conseguir coa súa apócema e o escribiu na folla de ingredientes.



samaín13 - presentacion imagenes

E para rematar queremos darvos un bo susto:

BUUUUUUUUUUUUUUUUUUUHHHHHHHHHH!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...