sábado, 19 de outubro de 2013

No Isidro tamén bailamos música hawaiana


OS "CULPABLES" DE DIVERTIRNOS TANTO E AOS QUE LLES QUEREMOS DAR ....MIL GRAZAS!!!!!

Este mércores 6 dos  nosos familiares viñeron á clase para falarnos e ensinarnos a bailar a música hawaiana; veredes de esquerda a dereita a mamá de Blanca, a de Lola, a de Norah, a de Carla, a de Martina e o papá de Mateo. Apareceron na aula así de guap@s.
Para explicarnos onde e como xurdiu, e a vestimenta e os instrumentos que empregan cando a bailan trouxéronnos este powerpoint con algún vídeos para que observasemos como se move unha persoa para bailar o hula como un profesional.

                                
                                     Musica hawaiana 


Pero claro,  nós non viñeramos ao colexio cunha roupa semellante, así que as familias propuxéronnos facer o noso propio colar para poder bailala xa que as faldas xa as fabricaran eles de forma que se puideran adaptar fácilmente á cintura de cada nen@. Para elaboralos trouxeron follas, flores de cartón e plástico, pallas cortadas e fío. Animáronse tanto que  ademais engalanámonos con pulseiras e diademas de flores.

Despois fixeron un círculo enorme ocupando toda a aula e cando estiveron colocados as súas mans e cadeiras comezaron a moverse como as ondas do mar. Para facelo sabían que tiñan que colocar unha man sempre no peito e a outra cara un lado ondeando. Vaia  festaaaaaa!!!!!


            hula - diapositivas

E este é o retrato da nosa GRAN FAMILIA HAWAIANA:





As mamás deixaron na aula as súas faldas para poder disfrazarnos no recuncho do xogo simbólico ( a casiña), pero Blanca apareceu un par de días despois cunha feita pola súa mamá da nosa medida.... MOITAS  GRAZAS POR LEMBRARTE TANTO DE NÓS!!!!!

2 comentarios:

  1. Vaia, vaia... Se o curso pasado o pasabades ben, este parece que ides gozar e aprender moitísimo máis. Recordade que estou ao final do corredor de primaria. Dígovolo porque non me importaría participar en calquera destas actividades tan musicais.
    Parabéns ás familias. Estupendos traballos.

    ResponderEliminar
  2. Claro que te convidaremos, Xusto!!! A próxima pensamos que será a danza do ventre....como vas de movemento de cadeiras??? Vai practicando!!!
    Grazas por seguirnos e deixar o teu comentario!!!

    ResponderEliminar

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...