domingo, 27 de outubro de 2013

Avanzamos na investigación sobre a lúa

Cando comezamos o proxecto sobre a Lúa non sabiamos que ían a xurdir tantas dúbidas arredor del.  Algunhas delas xa a resolvimos grazas ás aportacións das familias, pero outras témolas pendentes:

























O prinmeiro que fixemos foi traer libros, revistas e traballiños feitos por nós para saber cómo elaborar a nosa propia lúa.








 

Blanca trouxo un xogo para identificar as fases da lúa











Martín un simulador das fases da lúa para que viramos claro como menguaba e como crecía:



Unha vez informados, sobre a lúa e moitos elementos máis do universo, a creamos con papel mache (periódico, panos de mesa, cola e pintura) a nosa lúa






E como leímos que na lúa había moitos cráteres e mares (sen auga) os marcamos con pintura de dedos. Cando a rematamos a colocamos na nosa porta para que todos puidesen vela e sobre todo porque era a nosa inquedanza principal: decorar correctamente a porta!!




Decidimos escribirlle a Amstrong, porque soupemos que foi o primeiro en chegar á lúa, para preguntarlle polos alieníxenas, pero como non sabiamos se estaba vivo buscamos na wikipedia e descubrimos que xa morrera, así que o noso mail irá cara Aldrin e Collins que son os dous compañeiros que levou na súa misión, pero como sabemos que falan inglés pedímoslle axuda á profe Belén. Aínda non o fixemos porque temos que buscar os seus enderezos electrónicos.

Por outra banda quixemos saber cómo se fai un traxe espacial e tivemos a sorte de que Adriana e a súa familia construiron un para nós, DEspois de explicarnos como o elaboraran probamos algúns elementos e agora nos disfrazamos ás veces imitando a Amstrong











Tamén elaboramos o panel do proxecto, onde tod@s convertímonos en astronautas




















Pero non paramos aí,  investigamos moitas cousas máis. Chamaron a nosa atención as constelación os outros planetas, os instrumentos para ver o ceo, os animais que viaxaron á lúa,.....


avanzamos - presentacion imagen

E se picades aquí accederedes  ao lim do astronauta co que xogamos

Cando entendimos como se nomeaban as constelacións  animámonos a facer unha, e aínda que tiña a mesma forma cada un lle deu o nome que quixo:




Así chegou á aula a constelación de : A barca rota, da boca de tabeirón, do corazón, do foguete, da balea, do pantalón, da V,...


E como astronautas que somos precisamos facer un bo foguete que nos leve polo espazo. Para axudarnos Mar enviounos ao mail un tutorial de como fabricalo.... pero precisamos 5 caixas de polo menos 1.60 cm abertas....e aínda que algúns nen@s trouxeron varias caixas só temos 3 dese tamaño!!!! Precisamos esa medida porque... queremos estar dentro!!!!



Así que vos pedimos axuda para traer algunha caixa así de grande!!!!!!


Despois de medir e cortar para facer a plantilla, a empregamos para facer o resto das caras. Logo votamos de que cor ía a ser o noso foguete e ao final gañou o máis grandedos que aparece no debuxo de arriba: blanco, gris, negro y rosa. 

Pero aínda que quedan moitas cousas que contar, o que máis nos urxe de momento é o foguete, así que esperamos a vosa colaboración!!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...