Mentres fabricamos a nosa propia lúa para poñer na porta estamos lendo moitos libros para informarnos sobre ela e indirectamente imos aprendendo moito do universo. Un dos primeiros libros que limos foi o de Roque. Nel falaba de Neil Armstrong, o primeiro astronauta en pisar a lúa e vimos a famosa pegada que deixou.
Varios nen@s propuxeron viaxar ata a lúa para deixar tamén as nosas pegadas, pero vendo o difícil que podía ser puxemos a traballar a nosa imaxinación e imitamos a Armstrong pisando a paisaxe lunar emprestada que temos na aula.
Para deixar a clase ben limpiña despois da chegada da lúa saltaban na asemblea para deixar alí o "pó lunar" que recollimos cunha vasoira e un recolledor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!