Este ano a decoración das nosas portas é diferente; na aula de 5 anos B os paiasos entraron na aula e deixaron oco a un foguete no que imos tod@s nós de astronautas. Quedaba a porta tan incompleta que decidimos colocar estrelas de moitas cores con purpurina para brilar moito e cando rematamos pensamos que faltaba a lúa,... Como non temos moi claro como é a lúa a profe pensou que estaría ben buscar información para representala correctamente. 
CATALINA E MATEO foron os primeiriños en traer información, aínda que o libro de Mateo non puidemos lelo porque mollouse na mochila e aínda está secando na clase. Con Catalina falamos un pouquiño dos satélites, as fases e as mareas, pero será preciso facer algúns experimentos para poder entender un pouquiño mellor e dunha forma máis práctica todo isto.
E aproveitando que os nen@s de 5 ANOS A a estudaron o ano pasado fomos ata a súa clase para que nos explicasen os seus decubrimentos axudados pola súa profe Bea. Comprobamos que os buratos que hai na lúa débense a impactos de meteoritos grazas a unha actividade que fixo Adrián cos seus papás e ademais emprestáronnos tamén a súa lúa.


Ao final decidimos facer unha lúa parecida á de Catalina, case plana, para poder pegala na nosa porta. Como aínda temos moitas dúbidas gustaríanos que seguísedes traendo información, actividades, xogos, propostas, ...para avanzar na nosa investigación.




Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!