luns, 13 de maio de 2013

Visita á Casa do Queixo

O pasado martes 7 de maio tivemos a nosa excursión especial de fin de curso. Visitamos "A Casa do Queixo". A viaxe foi un pouquiño longa e o tempo non acompañou moito, pero mereceu a pena porque pasámolo estupendamente.

Unha vez alí leváronnos a ver os animais: había un avestruz, potros e cabalos, 3 porquiños, .....Tomamos de merenda unhas galletiñas e dividíronos en 3 grupos nos que participamos en 3 obradoiros moi divertidos. Os obradoiros foron estes:

OBRADOIRO DO QUEIXO:
Aquí ensináronos una maneira sinxela de converter a leite nun rico queixo. Deixámosvos un resumo en fotos.


OBRADOIRO DE ARTESANÍA:
 Neste outro, aproveitamos cáscaras de noces para facer simpáticos ratiños. Mirade qué chulos:

Casa do queixo. ratones - presentacion imagenes

OBRADOIRO DE LÁ:
 Descobremos a utilidade da lá eé o proceso de fabricación das prendas de roupa: tocamos a lá, cardámola, convertémola en fíos ...  Aquí están os vos@s fiandeiriñ@s:



- diapositivas

E rematamos a xornada con xogos medioambientais adicados á reciclaxe, algo no que somos grandes expert@s:






E antes de volver a dicirvos o ben que o pasamos, temos que agradecer ás familias que colaboraron facendo os bocatas da comida ... os nen@s dixeron que estaban boísimos... nótase que lles botáchedes o ingrediente secreto: moito, pero que moito cariño!!!

E agora sí, ... Pasámolo requetexenial!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...