martes, 2 de abril de 2013

Animais na aula

Dentro do noso proxecto adicado a "Os animais do mundo" tivemos dúas sesións onde coñecimos a algunhas das mascotas que teñen os nen@s nas súas casas ( ademais dos seus cans que vimos en fotos). Antes das visitas preparamos as preguntas que nos axudarían a resolver as dúbidas que tiñamos: que comen, como a coidades, como xoga, como sabedes se é chico ou chica, cantos anos vive, por que lle chamáchedes así,...?
Presentámosvos a Boris, o hámster que tiña Valeria porque  polo que nos contou tempo despois escapouse da casiña tan chula que lle tiñan preparada axudándose dun pau e un pouco de axilidade!!!


E este é Tron, a Tartaruga de Cristina que, como vedes, sentíase moi cómoda andando pola nosa asemblea. Na aula quedamos cunha das escamas que perdeu ... así é moito máis sinxelo comprender a anatomía dos reptiles. Veredes que na cara levamos flores, eso é porque ese día comezou a primavera e ninguén se librou de levar unha flor pintada pola profe ou por un amigo... nin sequera os profes que pasaron pola aula ... como Carlos.



GRAZAS MAMÁS POR AXUDARNOS NA NOSA INVESTIGACIÓN!!!! APRENDIMOS MOITO COAS VOSAS VISITAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...