venres, 4 de xaneiro de 2013

Preparando o Nadal

As últimas semanas de colexio en 4 anos B tamén estivemos moi ocupados preparando o Nadal. Para a decoración da aula pensamos en que vós, as familias, poderiades axudarnos a transformar unha bola de cartolina nun estupendo adorno navideño. Cada nen@ explicou como decorou a súa e tanto eles como as familias recibíchedes un gran aplauso...contáronvolo??? Colgámolas fóra da aula e incluso os nosos paiasos quixeron quedar con algunhas. Veredes como quedades tan abraiad@s coma nós cos resultados....


Moitos de vós tamén vos animáchedes a enviarnos un mail coas fotos da vosa propia decoración navideña na casa... que fachendosos estaban os rapaces explicándoa....



E para desexarvos unhas felices festas cada neno fixo a sua propia postal de Nadal e entre todos pensaron a frase que escribirían dentro dela. Aproveitamos este traballo para participar no concurso de postais que organizou o centro e aínda que sabemos que o tiveron moi difícil porque todas estaban xenial.... a gañadora da aula foi..... BLANCA!!!!
Grazas a ela recibimos un agasallo para a aula, o conto Gatiño e a neve, que Blanca decidiu colocar no recuncho da Biblioteca.



Pero ademais levabamos un tempo preguntándonos onde viviría Papá Noel e a canta distancia estaría do cole así que tivemos unha pequena sesión de xogar a pensar onde intentamos resolvelo coa axuda de Internet e do mapa que trouxo Mateo. Tiñamos moi claro o lugar, Laponia, e que estaba cheo de neve, pero non sabiamos exactamente onde estaría. Neste primeiro intento non chegamos a situalo, pero no segundo trimestre, no que queremos investigar sobre animais dos distintos continentes seguro que damos coa resposta. 
Como Papa Noel parece que non pasa por todas as casas de Santa Cruz, escribimos unha carta aos Reis Magos, que parece que son fieis visitantes.



Tendo en conta que este ano os Reis non pasaron polo centro, os nen@s levaron a carta para casa para que puideran entregala directamente ás súas Maxestades cando pasaran a recollela polo pobo ou polos centros comerciais.

Estou segura de que estes amigos máxicos cando vexan o noso blog lembrarán o moito que traballáchedes e o ben que vos portáchedes e vos traerán algo que vos fará sorrir e gozar!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...