xoves, 3 de xaneiro de 2013

Despedidas na clase de 4 anos B

Os últimos días de clase tivemos dúas grandes despedidas: a da profe Pilar e a de Pedro. 

Pilar é a nosa profe de apoio da que aprendimos un montón de cancións e de historias. Adicamos as últimas sesións con ela a recordar algunhas cousiñas que nos ensinou e a regalarlle os nosos mellores bicos e abrazos.



Xunto co resto de amig@s de Ed. Infantil regalámoslle un libro cheíño de debuxos. Estos son os que nós lles enviamos e que reflicten como a vemos e canto a queremos:



Libro_Pilar - foto montaje

Tamén Pedro deixa un oco moi importante nos nosos corazóns. Quixemos regalarlle un libro no que cada un plasmou o que sentía por él ou o que quería desexarlle e un Cd para que lembre as súas aventuras no cole.




E aquí tendes a foto de despedida. Non deu tempo a incluila no libro, pero estamos seguros de que cando visite o blog  lle encantará vela. De novo, un bico moiiiiii grande de parte da profe Raquel e de toda a clase dos caracois!!!!



Pedro, Pilar, tendes as portas abertas, vinde a visitarnos sempre que queirades!!!

2 comentarios:

  1. Marcos e Susana, pai e nai de Sara8 de xaneiro de 2013, 13:49

    Moita sorte para os dous na vosa nova andanza. Gracias Pilar por aprendernos a canción do olliño pimpirí, cando a cantemos nos lembraremos de tí.

    ResponderEliminar
  2. Estamos seguras de que Pilar poñerase moi contenta ao ler o voso comentario. Na aula lembrámonos deles todos os días e botámolos moito de menos. Tamén lles desexamos moita sorte e lles mandamos un bico moooooi grande e moi doce.

    ResponderEliminar

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...