¡¡¡TOTALMENTE EMBRUXADOS!!!
Aquí vos deixamos a proba de todo o que estudiamos sobre as bruxas, tanto que poderiamos converternos en bruxos e bruxas e comezar a convertir en ratos a todo o que se portara mal. Eso sí, nos pensamos que seriamos brux@s guap@s, porque non nos gustan nadiña esas narices feas que teñen alguhas delas....
O conto de "La Bruja Berta" e o seu gato Bepo fíxonos tanta gracia que non puidemos evitar investigar sobre un tema que, aínda que en principio parece de medo, para nós en moitas ocasións acabou sendo de risa; de moita risa!
Incluso tivemos a sorte, como xa vos contamos hai uns días, de ter unha bruxa na aula con motivo do Halloween.
E como algúns papis xa nos dixestes que quedara moi chulo o libriño sobre as bruxas, aquí vos deixamos un recordo dun dos que fixemos en 4 anos A e algúns momentos da súa elaboración.
E por si na casa queredes bailar en cantar a canción de "La Brujita Tapita" como fixemos nos tantas veces, tamén vos queda aquí. Esta bruxiña sí que é guapiña!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!