A raíz do conto "La bruja Berta" elaboramos nas aulas un pequeno traballo sobre bruxas que culminou cun libriño que levamos hai uns días. Para facelo pensamos moito na vida das bruxas e falamos da súa vestimenta, das mascotas, da vivenda, das súas posibles amizades, das apócemas que fan e os ingredientes que poderían empregar,... e fixemos os nosos piniños niso da "cociña de medo" (da que xa vos falamos). Ensinámosvos o chulo que nos quedou en 4 anos B... teriades que ver que vasoiras tan orixinais fixeron... vaia artistas!!!!!
libro_bruxas - presentacion imagenes
E como coñecedores profesionais das brux@s fixemos a nosa propia apócema nunha sesión de Xogar a Pensar. Mar, a nosa axudanta pensadora, trouxo unha caixa onde dicía ter os ingredientes necesarios para preparala e tres vasiños pequechos para axudarnos. Pensamos e pensamos en cales podían ser: gatos, cucarachas, serpes, ... Cando abrimos a caixa observamos e ulimos os ingredientes e intentamos deducir que eran... algún "olía a viño"!!!! Despois de mesturar os líquidos botamos uns polviños máxicos e dixemos as palabras máxicas e comezou a espumear!!!
Decidimos que fixeramos unha apócema para convertir a alguén en gato tan só empregando colorante, vinagre e bicarbonato!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!