Existen varias hipóteses, se llo preguntades aos vosos pequenos/as seguro que volo explican moi ben. Unha delas é a do meteorito, levantou tanto polvo que tapou o sol, morreron as plantas, extinguíronse os herbívoros, e máis tarde os carnívoros.
Despois da volta das vacacións de Semana Santa quixemos escenificalo e rematar o noso proxecto dos dinosauros. Pasara moito tempo e xa nos botabamos en falta, decidimos facer unha reunión das dúas aulas.
E ese mesmo día esperaba nas cadansúas aulas unha sorpresa!!
DOC, A NOSA MASCOTA INTERACTIVA!!
COMEZA O PROXECTO SOBRE OS ROBOTS E AS MÁQUINAS.
Falamos sobre que queriamos investigar.
Traballamos a palabra ROBOT E TIPOS DE ROBOT
Xogamos a programar a Doc en diferentes mapas.
Traballamos os meses do ano a través dos nosos aniversarios e da robótica.
Doc tamén anda cara atrás!!
Construimos robots, encántanos o recuncho de legos.
E como bos programadores, pasámolo en grande no recuncho da tablet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!