venres, 27 de abril de 2018

CEREBROS DIFERENTES, USOS DIFERENTES?

Hoxe os nenos/as de 3 anos A levaron para casa unha nota na que pedían a colaboración das familias para que pouquiño a pouco cheguemos a coñecer o funcionamento doutra parte esencial do noso corpo: o CEREBRO. Dado que os dinosaurios seguen sendo moi importantes na aula, seguimos empregándoos para avanzar no coñecemento do noso corpo.




Non temos ningunha presa por recibir a información, non se trata de empregar a ponte para investigar, a ponte é para coller forzas e descansar (investigar é unha opción máis). Cando poidades e queirades vos esperamos coas vosas pesquisas. Mentres nós seguimos avanzando noutros temas. Agora estamos coa simulación da Idade de Xeo conxelando os restos óseos dos dinosaurios empregando auga en globos con dinosaurios de xoguete dentro. 





E temos pendente a simulación da caída do meteorito e das erupcións volcánicas...  Unha vez feitas sairán os nosos dinosaurios conxelados... Así poderemos organizar temporalmente os acontecementos... 


FELIZ PONTE A TODOS/AS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...