Ao descubrir a palabra hábitat e o que significa, quixemos clasificar os animais do recuncho de xogar segundo o lugar onde viven.
Tamén investigamos sobre a alimentación dos dinos, e aprendimos tres novas palabras: carnívoros, herbívoros e omnívoros.
A profe Bea contounos unha pequena pista que case sempre se cumpre, dinosauro a catro patas dinosauro herbívoro, dinosauro a dous patas dinosauro carnívoro.
Estes paleontólogos/as traballan por equipos investigando sobre estes grandes amigos todos os días.
Os dinosauros igual ca nós teñen nomes, sabemos moitos nomes de dinosauros, incluso un que comeza por cada vocal: Anquilosauro, estegosauro, iguanodonte, ovirraptor e ultrasauro. Encantounos levar o ovirraptor a casa e coidalo e estar con el :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!