Como xa sabedes, e nós tamén, o día 31 de Outubro celebrase en Galicia o Samaín, unha festa onde os medos se converten en risas e todos o pasamos moi ben adornando cabazas e disfrazándonos de cousas que nos dan medo.
Cando chegamos á aula esa semana, estaba un pouco rara, toda chea de teas de araña, cabazas, arañas,...
E como podedes ver, tamén vimos videos de esqueletes... que risas pasamos!!
Na casa adornamos cabazas que pasaron a formar parte dunha exposición, que ben quedaron as nosas!!!
E un día, viñeron unhas profes á aula e déronnos un diploma e un regalo por traer unhas cabazas tan divertidas!
Un libro súperchulo que leeremos na aula na hora da lectura!!
Encantounos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!