mércores, 29 de abril de 2015

Medímonos

Cando as familias nos miden nas casas vimos ao cole todos fachendosos presumindo do moito que estamos crecendo. Para ver o grandes que somos ( e así traballar cos números e co metro como instrumento de medición), marcamos os nosos corpos nun papel continuo. As siluetas deron moito que falar entre eles porque non quedaron perfectas,a algún faltábanlle os dedos, a outro quedábanlle as pernas moi curtas,... constituiu outra forma de analizar a figura humana. 

 O importante é que o fixeron os seus amig@s o mellor que puideron...e iso ten moito mérito!!!!!




Despois medímonos na porta da aula co metro e empregamos un libro para sinalar a altura. Non importaba tanto conseguir a medida correcta, senón o traballo que estabamos realizando ( intencionalidade de medir, empregar o metro, as conversas entre eles para recoñecer números, apuntalos,... en definitiva, o goce cos aspectos matemáticos)


Logo, coa axuda dos amig@s, buscamos os números que aparecían na serie numérica que temos na aula e os apuntamos nos nosos corpos.



Para rematar, cada un púxose ben guapiño da cor que elexiu.


Agora os seus traballos colgan dos expositores externos da aula para que vexades tod@s o gran traballo que fixeron!!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...