Neste trimestre dúas mamás visitaron a nosa aula para colaborar con nós.
A mamá de Carolina veu a falarnos do seu traballo no DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Contounos o moito que colaboran todo@s na súa casa. Ela en concreto traballa en Arco Iris, unha tenda de gominolas que hai en A Coruña, en Matogrande. Como tiñamos moitas dúbidas sobre este traballo taaaaaaan interesante preparamos unhas preguntas como: "¿Como vas a traballar? ¿Como vendes as chuches?¿que chuches tes?¿ Tes chuches verdes, vermellas,...?¿ Tes nubes de chuche? ¿Regalas chuches á xente?...." Aínda que parece moi sinxelo, estamos aprendendo a formular preguntas e a diferencialas de afirmacións....e estamos facendo un moi bo traballo!!
Coa súa visita decatámonos da importancia da lectura e a escritura, de coñecer os números, de saber operar con eles, de ter ordenadas as cousas, ,....
E para comprobar o ricas que están as chuches da súa tenda, uns días máis tarde trouxonos algunhas delas para que fixeramos unha degustacion na aula,....ummmmm!!!chupamos os dedos!!!
Por outra banda a mamá de Diego Sánchez nos propuxo facer un marco de paos de xelado para un debuxo da familia. Como xa os levamos para casa xa comprobariades o chuliños que quedaron, pero agora veredes como os fixemos e a foto de grupo. Tamén nesta ocasión tivemos un doce final cuns chupas moi ricos que nos trouxo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!