venres, 2 de xaneiro de 2015

Polo Nadal...obradoiro de galletas pirata!!

A familia de Antón propúxonos facer unhas galletas pirata  e na aula aceptamos encantados....os peques pola diversión que ofrece e a mestra porque é un dos mellores recursos para traballar os contidos do noso currículo: diferentes medidas e cantidades, a lectoescritura e os textos, o traballo en equipo, hábitos de saúde e traballo (se cociñamos tod@s,  recollemos e limpamos todos).... 

Así que....que mellor momento que nos días previos ao Nadal para facer este obradoiro????



galletas14 - Kizoa Movie Maker


Antón e a súa mamá ( Olalla) e a súa irmá (Mariña) fixéronnos vivir unha sesión moi intensa con cociña, manualidades e títeres cos que cantaron a canción:




MIL GRAZAS aos tres por facernos pasar un día tan entretido....É fantástico contar con familias participen con tanto entusiasmo na vida da aula!!!!!! 

Grazas tamén á cociñeira do cole e a Alberto, o encargado do comedor que aceptaron gustosamente a axudarnos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...