Todos os martes, en grupos alternos, imos ao horto. Antes de baixar, a profe Charo achégase ata a nosa aula e cóntanos o que imos a facer nesa xornada: Trae alimentos coñecidos (como a cebola) ou descoñecidos por nós (como o rabaniño), alimentos dos que non sabemos o nome, que non recoñecemos pola súa presentación diferente á do supermercado (como a remolacha)... e explícanos as fases de crecemento polas que pasarán.
Ás veces temos que plantar sementes, outra tubérculos, noutras ocasión preparamos o horto e observamos aos bichiños que nel habitan,.... e en ocasións faremos algúns pequenos experimentos: agora temos na aula unha pataca plantada nunha maceta...veremos se prende e medra.... e se non o fai investigaremos por que.
Os que quedamos na aula adoitamos traballar sobre os alimentos que Charo nos presenta buscándoos no ordenador e logo plasmándoo nunha ficha.
Estamos seguras de que pouquiño a pouco entenderán a importancia de tomar alimentos saudables como os do horto para crecer sans e fortes!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!