O primeiro proxecto da aula de 3 anos B xa está decidido: QUEREMOS SER PIRATAS!!!!!!!! Xurdiu a partir dun conto que trouxo Álvaro á aula con esta temática e co que quedaron todos encantados e con moitas ganas de CONVERTERSE EN PIRATAS!!!
Sabiamos que para disfrazarnos coma eles tiñamos que contar con: un parche, un tesouro, un barco, espadas, un gorro pirata,... pero precisabamos ter información sobre eles, como en toda boa investigación, así que pedímoslle axuda ás familias cunha nota. Aquí tendes algúns exemplos:
Pouquiño a pouco comezamos a traer obxectos (un barco pirata, un parche pirata feito pola familia de Diego S. e unha xema valiosísima para o tesouro) e contos relacionados:
Agora estamos pintando un precioso mar no que aínda non vos podemos dicir o que aparecerá...
Para poder seguir descubrindo cousas sobre a vida pirata precisamos que sigades colaborando e achegando información para resolver preguntas como: Como vestían? que precisamos para vestir coma eles? Por que vestían diferente cas demais persoas? Cómo eran os seus barcos? E os tesouros? Había mulleres piratas? E nenos? En que traballaban os piratas?....

Moitas grazas a tod@s!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!